Xornadas de Tecnificación 2021
O 5 de xullo, darán comenzo as VII Xornadas de Tecnificación do Baloncesto Base Costa Ártabra, podes cubrir a túa inscrición no seguinte enlace.
Costa Ártabra en colaboración con IdeiaGrafica, Concello de Ferrol, Xacobeo, Deporte Galego e Deputación da Coruña, vai realizar as VII Xornadas de Tecnificación. Estas terán lugar do 5 ao 30 de Xullo no Polideportivo Municipal Javier Gómez Noya de Caranza.
As xornadas van dirixidas a rapaces e rapazas de 8 a 18 anos e están divididas en 4 turnos de 5 días aos que se pode apuntar indistintamente.
ACTIVIDADE
- Xornadas de tecnificación
- Mellora da técnica e a táctica tanto individual como colectiva
- Coñecemento do regulamento
TURNOS E HORARIOS
- 1º TURNO: do 5 ao 9 de xullo de 10h a 12h
- 2º TURNO: do 12 ao16 de xullo de 10h a 12h
- 3º TURNO: do 19 ao 23 de xullo de 10h a 12h
- 4º TURNO: do 26 ao 30 de xullo de 10h a 12h
- Todos os turnos realizaranse no Polideportivo Municipal Javier Gómez Noya de Caranza.
CARACTERÍSTICAS
- 5 adestramentos á semana, de duas horas de duración
- Traballo por niveles en grupos reducidos (máximo 6 xogador@s por adestrador/a)
- Sesións de adestramentos específicos, técnica individual, traballo personalizado de tiro, …
- Adestradores/as titulados/as con amplia experiencia no deporte base
- Seguro de responsabilidade civil e de lesións
- PRAZAS MOI LIMITADAS (24) para unha correcta atención aos deportistas
- 12 prazas de 8 a 11 anos
- 12 prazas de 12 a 18 anos
INSCRICIÓN
- Cubre o formulario de registro.
- Se tes calquer dúbida ou problemas con a inscrición
- Podes chamar a 627 071 629 o 652 332 181
- Escribir a tecnificacionjornadas@gmail.com
- Ou pasar pola oficina do BBCA na Casa do Deporte, os días 23, 24 e 25 de Xuño, de 9h a 13h.
Cuotas de inscrición:
- 1 TURNO: 55€
- 2 TURNOS: 105€
- 3 TURNOS: 150€
- 4 TURNOS: 190€
