Conta atrás para o campionato de España

O equipo liderado por Mario Castro, estréase este domingo no Campeonato de España Infantil Femenino, que se celebra en Betanzos ata o día 11 de xuño.

Tras terse proclamado campioas galegas, as infantís do BBCA disputarán este domingo o seu primeiro partido no campionato de España, que as enfrontará ao Valencia Basket Cormoráns. Será no polideportivo municipal de Betanzos ás 19.15 horas.

O luns 6, ás 17.00 horas, as ártabras xogarán contra o Spar Gran Canaria no polideportivo municipal de Miño; e, o martes 7, ás 17.00 horas, farano contra o GLS Córdoba no pavillón municipal A Casqueira, de Pontedeume.

Con estes tres partidos disputados finaliza a primeira fase do campionato.